Atendendo a amábel solicitude de @andrewblasco@masto.es, inicio un fío longo sobre as eclipses de Sol no cinema que irei completando co paso dos días. O fío ten que empezar pola eclipse canónica, a do BARRABÁS de Richard Fleischer. A total de Sol do 15 de febreiro de 1961 viuse en Italia e o produtor Dino de Laurentis decidiu que había que aproveitala, un desafío inesperado para o director de fotografía Aldo Tonti que tivo que inventar como filmar unha eclipse real para integrala nunha ficción de época.