Hoxe no choio:
-Compañeira 1: "Non sei como dicilo para que non soe machista... Meus fillos están comezando a saír con mozas e teño medo porque, se algo pasa, todo o mundo vainas crer a elas antes que a eles"
-Compañeiro 1: "Se os denuncian, van durmir no calabozo"
-Compañeiro 2: "Penso igual, pero non falemos alto que nos van meter presos"
Eu para min: "Esta xente aínda non se decatou de que son as súas ideas as que están en boga? Non ven que a única persoa que cala é a que pensa distinto?"