Falo de moda histórica e de xente que viviu hai moitos anos. Escribo ás veces pero eu diría que se me da mal.
Ace/bi
(she/her)
Posts
Por favor unha axudiña!!
O teixo que temos diante da casa está secando, levamos xa unha semana tentando de todo para ver se "revive" e estamos un pouco perdidos. Alguén sabe que lle pasa e se ten remedio? A min dame pena que morra porque medrei con el, pero para meu pai o teixo é coma un fillo 😅
Por favor, compartide a ver se isto chegara a alguén que poida axudarnos 🥰
E o de que o teixo é coma un fillo planta para meu pai dígoo en serio, o pobre non o está pasando ben co tema 😅
Olaa xente do fediverso! Sei que non teño moitos seguidores aquí pero como é algo importante, publícoo.
Organicei un evento de recadación de fondos en Ourense para o meu colega palestino e a súa familia.
Pasádevos porque vai haber moi bo ambiente e música incrible! Este sábado no bar Antigua o'Renque a partir das 8 da tarde!
Necesito un profesor que me dea clases de apoio para facer un TFG de Xornalismo pola zona de Ferrol. Como último recurso podería desprazarme á Coruña ou a Santiago. Pago o que sexa
Compartide para que un paxariño inatento con disfunción executiva se salve da súa peor pantasma 🥲
Decidín que como a maioría de páxinas de divulgación de moda histórica están en inglés e francés, vou facer unha conta cun espazo para a apreciación destas cousas en galego, tanto aquí no mastodon coma en twitter.
Quero ver se un enigma é resoluble para unha novela, con que cheguedes á frase final é suficiente. Se alguén logra descodificalo, mándolle unha postal de nadal.
Hoxe no control de pasaportes en Lavacolla, un señor escocés diante de min estivo falando co poli en español. O policía, sorprendido, díxolle:
—Qué raro, habla usted español, no solemos verlo.
O señor, automáticamente, convertíndose nun chad:
—Soy escocés, soy diferente. No mire mucho el pasaporte, no me representa.
Absolute chad se me preguntan.