Elektrine lite

← Feed

@marcostaracido@mastodon.gal

Post #2014406

2026-05-03 11:22 UTC

Onte asistín no Salón Teatro á representación de "Hamlet", do Centro Dramático Galego. Gran nivel: un espectáculo sorprendente no apartado de produción, con solucións técnicas imaxinativas e inxeniosas, e unha adaptación, en xeral, brillante. Algúns problemas de son (algúns diálogos escoitábanse mal, a pesar do pequeno da sala) e o nivel de actores e actrices era desigual, sen ser nunca baixo. Un luxo contar con este tipo de producións na Galiza. #teatro #teatrogalego #Hamlet #shakespeare #CDG

Replies (1)

  • @DiazCarrete@mastodon.gal 2026-05-03 13:50

    @marcostaracido@mastodon.gal Pareceume moi curioso o tratamento da(s) pantasma(s), a súa presenza case continua no escenario, e a súa mudez. Que o pai de Hamlet só poida falar ca voz de outros casa moi ben ca obra-dentro-da-obra, na que Hamlet semella ser á vez o director e a pantasma.

    Open ##2192432