Post #2192432
2026-05-03 13:50 UTC
@marcostaracido@mastodon.gal Pareceume moi curioso o tratamento da(s) pantasma(s), a súa presenza case continua no escenario, e a súa mudez.
Que o pai de Hamlet só poida falar ca voz de outros casa moi ben ca obra-dentro-da-obra, na que Hamlet semella ser á vez o director e a pantasma.
Replies (1)
-
@marcostaracido@mastodon.gal 2026-05-03 13:53
@DiazCarrete@mastodon.gal si, foi algo do que gostei moito, pareceume un achado brillante.