#galego

4 posts · Last used 14d

Para quen poida ter interese: Instalei BizumPay nun telefone con grapheneOS :grapheneOS: , desde o repositorio Google Play. Xa tiña «Bizum» activado co meu número e entidade de crédito e ao meter o número na aplicación abreu a aplicación do banco e premín en activar Bizum Pay e a clave e fixo todo o proceso sen queixarse de nada (cousa rara). Só pideu permiso para Rede (para funcionar), Notificacións (avisos, marquei non recibir correos con publicidade) e Sensores (o NFC supoño), non para os Contactos etc. (cousa rara, xa tiña pensado darlle o permiso fake que ten grapheneOS). Pregúntache tamén se queres que Bizum Pay sexa a aplicación predeterminada para pagar co móbil (sim, pois non teño outra). Tamén podes engadir outras tarxetas americanas que teñas (non engadín ningunha aínda). E tamén pases (.pkpass), pero tampouco engadín, que para iso utilizo Catima. Edito: púxena no idioma #galego A ver se despois no súper aceptan e igual teño que ir a outra tenda, non sei se tamén nas tendas/comercios teñen que activar algo ou xa lles funciona o trebello automaticamente. Vou levar uns leuros en efectivo por se acaso 💶💶 Teño CERO interese en #bizumpay (que agora tamén está con ese nome en PT 🇵🇹), máis prefiro antes que mastercard/visa 🇪🇺 Se conto isto é porque é un telefone con grapheneOS, con todas as súas limitacións e trabas, nun telefone normal supoño que non terá maior ciencia. A activación non deu problema.
0
0
0
0
Para dar un salto cualitativo na tecnoloxía pública, é necesario ter a vista posta sobre as opcións dispoñibles: https://mancomun.gal/ficha/catalogo-de-software-libre-para-as-administracions-publicas/ Este catálogo organiza criterios de uso e casos de uso, para ferramentas clave como Drupal ou CKAN, facilitando a implantación gradual desde a prioridade alta ata a transformación estratéxica. #transparenciapública #soberaniadaxital #galego
4
0
4
0
You've seen all posts