Taikigz
taikigz@mastodon.gal
<p>🌊 Surf | 📷 Fotografía | 🔭 Astronomía | 🖥️ Software Libre | 🎮 Videoxogos</p>
Posts
-
Post #2805762
Seica, dinme as alumnas, está de moda nas novelas de romantasy (romance+fantasy) o tropo de enemy to lovers. Pois quero reivindicar ós inimigos a amantes auténticos:
-
Post #2805761
Pasou o día, pasou a romaría. Pero o calacú é da horta da mamá e non queria quedar sen amosalo.
-
Post #2805760
Na parroquia de Caroi, en Cotobade, non se fala dos defuntos da casa polo nome. Refírense a eles por &quot;o outro&quot; ou &quot;a outra&quot;. Cando mo contaron non se me ocorreu preguntar como fan pra distinguir a cada finado en concreto e agora non paro de darlle voltas.
-
Post #2805759
Na miña casa dise &quot;aduanar&quot; (que si sae no dicionario) para cando andas a perde-lo tempo no canto de face-la cousa de proveito que se supón que debías estar facendo. #UnDicionarioPorCasa
-
Post #2805758
@lord_labrego A min faime pensar na Igrexa da Universidade da USC que alberga exposicións e concertos. No rural non coñezo caso algún. Esa función na miña parroquia cumpríaa a &quot;Casa da obra&quot; que era o galpón parroquial e no que se facían reunións da comunidade de montes e ata se montou unha taberna pra financia-la festa.
-
Post #2805757
A forma na que os galegofalantes empregamo-lo castelán para marcar que citamos a alguén en estilo directo flípame porque é unha solución a hostia de sinxela e efectiva nun entorno no que &quot;conviven&quot; dúas linguas.
-
Post #2805756
Onte quixen explicar de que ía o Gran Lebowski e máis que empezar a falar de bolos, alfombras e Creedence Clearwater Revival resumina en &quot;confunden a un gicho de Labañou que se chama Amancio Ortega CÓ Amancio Ortega&quot; e sentinme orgulloso da miña capacidade de síntese. Logo quedei pensando, de dobrarmos a peli ó galego, como lle chamamos ó Dude?
-
Post #2805755
@virgulinha E se cae mal &quot;señor, recíbeo coa mesma alegría coa que o mandamos&quot;
-
Post #2805754
Botando un ollo ó que se conta na instancia esta mañá apareceron xuntos cadanseu tuto de @lord_labrego e @paeiro creando unha pequena peza de humo negro.