Miguel Grandío
mixigodo@mastodon.social
<p>Aprendendo, sempre.</p>
Posts
-
Post #4492635
🌐▶️ TubeLibre, unha nova plataforma galega federada de vídeo libre "GALPon ofrece TubeLibre a entidades e colectivos que traballen a prol da cultura libre en Galicia. [...] o servizo está inicialmente orientado a contidos divulgativos e formativos. As entidades interesadas en publicar vídeos poden contactar con GALPon a través da páxina de contacto de TubeLibre, por correo electrónico ou polas redes sociais para acordar a creación dunha conta." https://tube.libre.gal
-
Post #2502912
Os carteis do Día das Letras Galegas que a Consellería mandou aos centros teñen modificacións (non só estéticas e non casuais) non consensuadas con quen os creou. Ademais do inmoral de cambiar o traballo doutras persoas sen permiso, é deleznable tratar de manipular a figura da persoa homenaxeada só porque non casa co ideario do partido que ostenta o poder político. É un desprezo ao traballo do alumnado e profesorado que o creou, e á figura da propia Begoña Caamaño. https://www.farodevigo.es/gr...