Elektrine lite

← Feed

Fóra de Mapa

forademapa@mastodon.gal

<p>O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. </p><p>Desde a diáspora, con María Sabaris en Londres e Juan Vergara en Bruxelas</p>

Posts

  • View post

    En 🇽🇰 (Kosovo) atoparon 3 fosas comúns con vítimas nas últimas 2 semanas. Aínda hai 1600 persoas (a gran maioría de etnia albanesa) desaparecidas como consecuencia da guerra entre os separatistas da UÇK e as FFAA e paramilitares 🇷🇸 (Serbia) en 1998-1999 https://www.aljazeera.com/news/2026/8/4/kosovo-finds-third-wartime-mass-grave-site-as-officials-widen-search

  • View post

    Hoxe comeza na Grecia salentina a semana do griko. 7 días de actividades e cursos cos que reforzar o coñecemento e dar + visibilidade á lingua grega da Apulia 🇮🇹 (Italia). O idioma falado na rexión desde a antigüedade ten hoxe 30K falantes (L1 e L2) e é protexido pola lei nacional e rexional

  • View post

    Hoxe, en 2010 a Corte Internacional de Xustiza da Haia dictaminaba que a declaración unilateral de independencia de 🇽🇰 (Kosovo) en 2008 non violaba o dereito internacional porque este non prohibía as declaracións de independencia. Foi a 1ª vez que a Corte xulgaba un caso como este.

  • View post

    Este verán en 🇳🇱 (Países Baixos) e especialmente en Fryslân (Frisia) é capaz que vexades a xente saltando canais con pértigas. Este práctico deporte, que permitía salvar distancias, chámase fierljepping e ten séculos de historia. O record absoluto é un chimpo de 22.21m https://www.youtube.com/watch?v=zoyCo7AygqI

  • View post

    Hoxe seguramente moitos húngaros recorden que hai 106 anos se asinou o Trat. de Trianon co que se lle impuña unha paz a 🇭🇺 (Hungría). O estado perdeu unha chea de territorios nos que até hoxe ficaron minorías húngaras, como no sur de 🇸🇰 (Eslovaquia), en Vojvodina 🇷🇸 (Serbia) ou en Transilvania 🇷🇴 (Romania)

  • View post

    En Nagorno Karabakh as autoridades 🇦🇿 (Acerbaixán) veñen de derruír a catedral de Stepanakert, a capital do país. Baku está a destruír sistematicamente o patrimonio histórico-relixioso🇦🇲 (Armenia) no Nagorno Karabakh e borrar a presenza deste pobo na zona durante séculos https://oc-media.org/satellite-imagery-suggests-stepanakerts-main-church-destroyed-by-azerbaijan/

  • View post

    Hoxe conmemórase a memoria do xenocidio armenio cometido polo Imp. Otomano na IGM. 1.5M de persoas foron asasinadas, moitas forzadas a convertirse e a importante poboación armenia, tanto nas cidades costeiras como nas provincias do interior, desapareceu case por completo.

  • View post

    Sardeña ten 6 linguas, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o tabarchino , o sassarese e o gallurese (estas 2 últimas son formas do corso)

  • View post

    Sardeña é unha autonomía con estatuto especial, o que lle permite certo autogoberno, non demasiado amplo. A poboación ten un forte sentimento de pertenza, e existe entre a sociedade unha ampla vontade de reforzar a autonomía, algo que non se traduce nas eleccións.

  • View post

    E con todo, os sardos aínda son capaces de manter viva unha cultura popular moi rica e moi variada que se expresa na música, gastronomía, festas e tradicións como por exemplo, nos seus entroidos.