Post #739203
2025-11-20 09:25 UTC
Hai cincoenta anos, a estas horas, andabamos polo cuartel (eu facía a mili) como polo sen cabeza. Corría o rumor de que ían acuartelarnos.
No meu caso en concreto, por razóns que non veñen ao caso, eu vivía nun edificio no que quen non era do opus era da falanxe, iso facía que os da social non parasen nel. Por mor disto, sobre as 5:30-6:00 da mañanciña chegaron á nosa casa algúns recoñecidos dirixentes da esquerda (nomeadamente do PCG) a agocharse... xa os chamaran de Madrid para que espabilaran. Iso fixo que eu chegara ao cuartel (tiña pernocta) avisado e coas orellas ben limpas por si las fly.
Nota: había poucos días que fora avisado de que probábelmente me mobilizarían cara a unha operación relacionada coa Marcha verde (sería tedioso e non ten interese saber porqué me querian mobilizar).
Replies (0)
No replies.