Post #4434333
2026-08-07 12:30 UTC
@IGVazquez@social.vivaldi.net Idea estupenda esa! Eu súmome 😊
Contodo, o que procura esta xente non é tanto unha reflexión desde o mundo do software libre ou da soberanía dixital, senon desde o activismo. Xente que milita na política e nos movementos sociais, e que ve como, mentres as xeracións anteriores pasaban o dia na asamblea, no centro social ou facendo pintadas, agora a sua actividade está enfocada en Instagram, Telegram ou X. E quere pensar críticamente sobre iso.
Replies (1)
-
@IGVazquez@social.vivaldi.net 2026-08-07 12:54
@bitnos@mastodon.gal Eu penso que son dúas reflexións que teñen que cruzarse por forza maior, porque, asumindo un activismo que emprega ferramentas dixitais, o coherente é defendelas alternativas, comúns, libres, abertas, e descentralizadas. Teño pendente de lectura a serie de artigos As nossas redes não são nossas (https://www.galizalivre.com/author/miguel-garcia/page/2/) que pode ter a ver con toda esta cuestión. Particularmente, tamén, https://www.galizalivre.com/2021/06/15/as-redes-som-o-inimigo-umha-critica-anticapitalista-a-ciber-militancia/