Post #2344175
2026-05-03 17:11 UTC
Estúpidamente, creo que a mellor metáfora para os axentes de IA serían os Demonios de Frieren: criaturas que evolucionaron para imitar a linguaxe humana coa fin de atraer humanos, pero incapaces de entender internamente o significado. Son falantes carentes de ego, seres que poden dicir "prometo non volver facelo" cando iso é o que o humano quere oír, pero son entidades que carecen dun mundo interior en que dicir esas palabras creou un compromiso vinculante.
Replies (2)
-
@elrohir@mastodon.gal 2026-05-03 17:17
Nota/spoiler: esta é a definición dos demonios que dá a propia Frieren, pero non está aínda de todo claro se ela estaba sendo un unreliable narrator. E ademais non son moi fan do tropo "esta especie que usa armas e ferramentas e ata diplomacia en realidade son muñecos dummies para que o protagonista poda decapitalos sen dilemas éticos"
-
@DiazCarrete@mastodon.gal 2026-05-03 17:33
@elrohir@mastodon.gal Hai unha novela de ciencia ficción de Gene Wolfe que describe un monstruo chamado o "alzabo" que se comporta de maneira semellante. Os alieníxenas de "Vista cega" de Peter Watts serían outro exemplo.