Elektrine lite

← Feed

@marcostaracido@mastodon.gal

Post #2192439

2026-05-07 14:05 UTC

Concordo en parte con @cequelinhos Ler non é escoitar, aínda que con un matiz: ler XA non é escoitar, e non o é desde o século XIX, cando mudou o paradigma de lectura do colectivo ao individual. No XVII as lecturas conxuntas do único exemplar dunha novela que había no pobo eran cotiás. Mais agora, a lectura individual e silandeira é o patrón asimilado. Mais, abofé, pode perfectamente volver mudar o paradigma. https://biosbardia.org/os-audiolibros-non-se-len/

Replies (0)

No replies.