Elektrine lite

← Feed

@marcostaracido@mastodon.gal

Post #1412382

2026-04-15 18:23 UTC

Imparto a materia de Educación dixital en 3º ESO e quero facer unha actividade na que adquiran ferramentas para detectar o mellor posíbel imaxes e videos xerados con IA. Sabedes dalgún sitio onde os recopilen? Refírome a sitios que os recopilen criticamente, non a coleccións destas que os ofrecen para descarga e uso.

Replies (5)

  • @vic_101@neopaquita.es 2026-04-15 18:33

    @marcostaracido sería una buena ocasión para dejarles saber que el uso de #IA para generar ilustraciones tiene implicaciones morales muy graves: condiciones laborales infrahumanas en centros de datos del sur global, robo de propiedad intelectual para el entrenamiento del programa, apoyo a una red de empresas que promueven el racismo y políticas anti-LGTBI+ en su cultura empresarial, el desastre ecológico creado para la alimentación y la refrigeración de los ordenadores, y la pérdida de trabajo de artistas que necesitan cobrar por su arte

    Open ##1412482

  • @DiazCarrete@mastodon.gal 2026-04-15 20:24

    @marcostaracido Non coñezo. Pero un consello que escoitei que me chamou a atención foi o de fixarse non só no "realismo" dunha foto, senon tamén en se ten sentido que houbese alguén en posición de tomala. Puxeran o exemplo de unha foto da cápsula Artemis tomada dende moi preto xusto antes de amerizar, que se te paras a pensalo non ten sentido que houbese unha cámara nese sitio exacto. E resultou ser IA claro.

    Open ##1412486

  • @ghose@mastodon.gal 2026-04-16 04:21

    ola @marcostaracido pode que sexa do teu interese este evento sobre tipo de programas de ordenador: https://compostela.acontece.gal/event/aprendizaxe-e-intelixencia-artificial

    Open ##1412487

  • @ifrit@masto.ai 2026-04-16 05:38

    @marcostaracido Este canal de expertos en efectos especiais tem vários videos sobre o tema https://www.youtube.com/watch?v=M4TXO4kQwSQ 👌

    Open ##1412489

  • @adolfo@mastodon.gal 2026-04-16 17:02

    @marcostaracido anda pois xusto tiña planeado unha publicación sobre iso na miña web, pero ata que a faga... :blobamused: aquí tes algunhas cousas que os serán útiles: Medios de referencia pra verificacións: https://www.newtral.es, https://www.rtve.es/noticias/verificartve/ e https://maldita.es. Ferramentas de verificación: Vídeos: https://scanner.deepware.ai Imaxes: https://isgen.ai/es/detector-de-imagenes-con-IA E claro, sentidiño :doge:

    Open ##1412491