2026-09-14 09:11 UTC
TALLER: INTRODUCCIÓN AL RACISMO Y LA DECOLONIALIDAD
Ante os discursos de odio, racismo e xenofobia que, lamentablemente, infiltráronse na nosa vida cotiá da man da ultradereita, desde a CGT consideramos que temos a obrigación de fomentar unha conciencia crítica respecto á discriminación racial, subliñando a necesidade de xerar un firme compromiso antirracista.
Este curso, impartido polas compañeiras de SOS RACISMO Galiza, ten os seguintes obxectivos fundamentais:
- Analizar criticamente a responsabilidade social de cada un de nós á hora de contribuír a xerar, reproducir e lexitimar mecanismos racistas.
- Adoptar unha postura fronte ao racismo e compartir ferramentas de educación antirracista para combater as súas consecuencias.
O obxectivo final do curso é valorar a diversidade cultural e promover a interculturalidade como o modelo de convivencia capaz de avanzar cara a un mundo máis inclusivo, no que aceptemos ás persoas independentemente da súa cor de pel, orixe, relixión e/o cultura.
Nunha sociedade intercultural non hai lugar para o racismo; por tanto, traballar para a súa erradicación é un obxectivo esencial e unha obrigación, máis desde unha organización como a nosa.
O curso é gratuíto e ao finalizar haberá un pequeno pica pica vegano con opcións non veganas para as persoas que asistan.
Esperamos contar coa túa asistencia!
Data: Sábado 26 setembro
Hora: 10.30 H
C/ Teixugueiras 24 Local CGT
**IMPORTANTE: As prazas son limitadas. Se queres asistir por favor envia un email a social.ovvigo@cgtgalicia.org
Secretaria de Acción Social e Igualdade.
Replies (0)
No replies.